Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Lousame ofrece dous obradoiros de baile gratuítos o mércores 13 de setembro no local social de Aldeagrande


O Concello de Lousame vai poñer en marcha “Baila con nós”, dous obradoiros de baile gratuítos que terán lugar na tarde do próximo mércores 13 de setembro no local social de Aldeagrande. Dúas sesións de balde que serán impartidas por profesorado do Taller Alecrín e para as que é preciso anotarse chamando ao teléfono 698 150 432.

O primeiro dos obradoiros, de Linedance, terá lugar de 20:30 a 21:30 horas. Trátase dunha modalidade individual indicada para aquelas persoas que desexen unha toma de contacto con diferentes ritmos de baile, tanto latinos como modernos. De 21:30 a 22:30 horas terá lugar o obradoiro de Bailes de Salón, para os que é preciso anotarse en parellas e no que se ofrecerá unha selección variada de baile estándar, latinos e tropicais.